Site icon Crónica3.com A Mariña

O Eido Dourado coa Oxford University Ceilidh Band e Iria Peña Trío

gaivotaO Eido Dourado promoveu a pasada fin de semana dous concertos. O primeiro tivo lugar o venres pola noite na terraza do cámping Gaivota. Alí estivo a Oxford University Ceilidh Band, que deleitou coa súa música e baile aos asistentes a esta cita, que ademais disfrutaron dunha tradicional queimada. Os rapaces do grupo fixeron participar nos seus bailes ao público asistente. E o domingo o flamenco foi o protagonista nos xardíns do Eido Dourado. Iria Peña Trío co seu flamenco feito en Galicia encheron de sentimento e de arte esa noite a carón da praia da Pasada, en Barreiros.

Exit mobile version