Site icon Crónica3.com A Mariña

O Forte de San Damián alberga ata o vindeiro luns 10 de agosto a exposición fotográfica ‘Captus’

expo-cactusRibadeo, 1 de agosto de 2014. O Forte de San Damián, de Ribadeo, abre de novo as súas portas dende este venres para albergar a exposición Cactus. Nela móstranse as fotografías que Gonzalo Moure, Pablo Amargo e Alejandro Braña realizaron para homenaxear o traballo que durante anos levou a cabo José Trenor: un artista que se dedicaba a dar unha segunda oportunidade a variados obxectos de refugo, plantando neles cactos e convertendo as pezas en esculturas vivas. E os seus familiares decidiron capturalos en fotografías antes de que desaparecesen. A exposición, que poderá visitarse no forte ata o vindeiro 10 de agosto en horario de 12:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:30, recolle esas fotografías. A exposición foi presentada hoxe coa presenza do responsable da mostra, Gonzalo Moure; da concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra; do edil de Mocidade, Xavier Campos; e do ex alcalde ribadense Balbino Pérez Vacas.

Álvarez Lastra afirmou que “é un orgullo para Ribadeo e estamos moi contentos de ter esta mostra con nós porque realmente é unha obra de arte. Temos que agradecer a Balbino Pérez Vacas que nos puxese en contacto con Gonzalo Moure e coa familia de José Trenor, xa que foron quen amablemente nos cederon a exposición para traela a Ribadeo. Cando a vimos por primeira vez non sabíamos, como poñía no prólogo, se era botánica ou xardinería. Eu creo que é arte, unha obra de arte dun artista contemporáneo que tiña moitos anos de idade, pero que na súa mente e na súa creatividade demostraba o que está aquí. Dende o Concello queremos dar as grazas a familia por cedernos esta exposición, que, por outra parte, serve para que o Forte de San Damián non estea pechado.”

A concelleira engadiu que “aínda que Ribadeo é un pobo pequeniño, sabe amar a cultura, tela en conta e protexela. Ás veces é difícil facer as cousas porque os medios non son moitos e as infraestruturas pequenas, pero neste empeño de sacar adiante os temas culturais hai tres persoas, que son os traballadores municipais Hugo García Presno, Neves Paz e Alberto Moledo, que están sempre traballando ao límite para facer que teñamos a programación cultural que temos.”

Pola súa parte, Gonzalo Moure, sobriño de José Trenor e responsable desta exposición, agradeceu o interese do Concello ribadense e declarou que “sabíamos lo inevitable que era que estas obras maravillosas desaparecieran con el tiempo, ya que era la voluntad de José Trenor. En su obra no hay nada casual y cada captura suya de cactus en los objetos de desecho tenía un plan. En cada una de las piezas había una verdadera intención artística. Es botánica porque sin ella no habría podido hacerlo, pero sobretodo es escultura con un método que nadie en el mundo ha usado y que fue lo que maravilló a Pablo Amargo, uno de los mejores ilustradores del mundo, para que viese en esta una de las obras de vanguardia más importantes del siglo XX en España”. Moure recoñeceu que “en la familia siempre lo creímos así, pero había que realizar la muestra fotográfica antes de que llegase la piqueta del tiempo. Afortunadamente están aquí y el fuerte de San Damián es un lugar maravilloso para exponer las fotografías porque estamos a un escaso kilómetro en línea recta del lugar donde fueron creados los cactus por José Trenor”.

A mostra poderá visitarse ata o 10 de agosto no Forte de San Damián, logo volverá ao seu lugar de orixe, na localidade asturiana de Figueras. Alí seguirá expoñéndose de forma permanente na antiga fábrica de conservas La Idea.

Exit mobile version