Site icon Crónica3.com A Mariña

O GPP esíxelle a Besteiro que adopte as medidas necesarias para que as empresas adxudicatarias do servizo de conservación podan cumprir o seu convenio colectivo sen poñer en perigo postos de traballo

Lugo, 22 de agosto de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo esíxelle a Besteiro que adopte as medidas necesarias para que as empresas adxudicatarias do servizo de conservación podan cumprir o seu convenio colectivo sen poñer en perigo postos de traballo.

Os populares explican que a Xunta de Goberno da Deputación aprobou un prego de cláusulas administrativas nas que rexen a contratación do servizo de conservación para os próximos catro anos nas distintas zonas da provincia e no que non existe un estudo de todos os costes obxectivos que terán que asumir as futuras empresas adxudicatarias.

No prego de cláusulas non se especifica o persoal a subrogar
En concreto, o prego de cláusulas para o contratación do servizo de conservación advirte da obriga de subrogación do persoal entre as empresas saíntes e as entrantes, co obxecto de garantir o principio de estabilidade no emprego dos traballadores e tal como obriga o V Convenio Estatal do Sector da Construcción. É dicir, deste xeito os traballadores pasan a abscribirse á nova empresa que resulte adxudicataria unha vez finalizado o proceso de contratación e que vaia a realizar a actividade obxecto da contrata respectando os dereitos e obrigas que gobernaban na empresa substituída.

Porén, o prego de cláusulas administrativas non inclúe un anexo coa relación de traballadores que deberá subrogarse á nova empresa. Isto significa que a Deputación na tramitación do expediente de contratación descoñece a relación de persoal a subrogar e tampouco o valora economicamente.

Esta circunstancia poderá chegar a poñer en perigo o equilibrio económico do contrato ao non estar estipulada a cantidade suficiente para que a empresa subrogue aos traballadores; e, polo tanto, coas conseguintes consecuencias para o persoal.

Petición do GPP
O Grupo Provincial do Partido Popular lembra que nos procesos de contratación deben evitarse ao máximo as imprecisións, as faltas de concreción e as inseguridades e por iso o GPP pide que estas circunstancias se aclaren antes de aperturarse os sobres

Os populares reproban que por un lado, o presidente da Deputación anuncia a inclusión de cláusulas sociais que recollen dereitos aos traballadores por encima dos xa protexidos legalmente, sen embargo, no principal contrato que saca a concurso con gran importancia económica, (supera os 14 millóns de euros por unha duración de catro anos); non se articulan as medidas necesarias para que os dereitos que xa teñen recoñecidos os traballadores nun convenio colectivo se garantan. “Promete ser un abandeirado dos dereitos dos traballadores, pero sen embargo este contrato supón un retroceso aos que xa teñen consolidados”.

Exit mobile version