Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo de Desenvolvemento Rural da Mariña convoca ás persoas produtoras de horta para levar a cabo un proxecto de difusión

Mondoñedo, 26 de agosto de 2014.- O GDR da Mariña, asociación que xestiona o Programa Leader 2007-2013 na comarca, convoca para o vindeiro xoves, ás 21:30horas, a todo o sector da horta co fin de pór e común ideas e impresións para levar a cabo un proxecto que permita a difusión e promoción dos produtos da horta, ao tempo que contribúe á promoción turística da comarca.

A xerente do GDR, Ana Ermida, explica que “para a nosa asociación é prioritario poñer en valor o traballo que fan as persoas que se adican neste caso ao sector da horta e destacar a calidade da producción que aquí se dá.” Explica que, ademais, “os sectores primarios son unha grande fonte de emprego e poden actuar como dinamizadores dun territorio, polo que cómpre que o tratamento que reciban se corresponda coa labor que eles levan a cabo.”
Na xuntanza do vindeiro xoves, desde o Grupo de Desenvolvemento Rural pretenden pór en común ideas e actuacións coas que conxugar o obxectivo da promoción turísitica da zona, especialmente e en primeiro termo das zonas de producción, e a utilidade do proxecto para o sector da horta.

Desde o GDR afirman que “con pequenas actuacións é posible darlle valor engadido a un produto xa de por si de moita calidade e contribuir a presentar unha imaxe coordinada da comarca, aproveitando sinerxias e traballando conxuntamente para ofrecer unha oferta turísitica o máis completa posible e que redunde no beneficio do territorio.”

Exit mobile version