Site icon Crónica3.com A Mariña

O IX Festival Internacional de Música Clásica celebrarase entre o 15 e o 22 en Ribadeo

A IX edición do FIMCR e o II Taller do FIMCR celebraranse no Auditorio Municipal de Ribadeo do 15 ao 22 de agosto de 2014.

Os artistas do IX FIMCR son: o Penderecki String Quartet (Jerzy Kaplanek e Jeremy Bell, violines; Christine Vlajk, viola; e Katie Schlaikjer, violoncelo), a soprano Leslie Fagan, o clarinetista James Campbell, o narrador Toni Deaño, o pintor Guille Fernández, e o pianista Leopoldo Erice.

Pola súa banda, o taller consiste nunha serie de clases maxistrales impartidas polos artistas do Festival e que están dirixidas a estudantes e a profesionais do mundo da música.

A edición deste ano trae consigo varias novidades: un dos eventos combinará música e pintura, cunha actuación en vivo do pintor Guille Fernández; outra novidade é que un dos concertos terá lugar no centro de terapias naturais nAmor -neste concerto o Penderecki String Quartet interpretará o estreo europeo dun cuarteto de corda do compositor canadiense Norbert Palej; para rematar, o noso calendario de concertos engade dous concertos en sesión de matiné.

Exit mobile version