A presentación do equipo da man do Mago Senín integrarase nun acto “único e irrepetible” con espectáculo de maxia incluído co que o club espera sorprender ó público. A entrada para a actuación do Mago Senín e a presentación do club será totalmente gratuíta.
Durante o acto presentarse ante o público a xunta directiva do novo club barreirense, así como o corpo técnico, o equipo de atletismo e o equipo sénior de fútbol sala. Unha vez rematadas as presentacións, disputarase un partido amigable entre o equipo sénior de fútbol sala e o C.D. Cubelas F.S., que competirá tamén na liga provincial masculina na próxima campaña.
Para finalizar a xornada de presentación, o club ten programada unha cea de presentación no “Refugio O Castro” de San Pedro de Benquerencia ás 22.00 horas.