Site icon Crónica3.com A Mariña

O municipio de Ribadeo recibiu a milleiros de persoas na Festa do Percebe de Rinlo, o trofeo Emma Cuervo e a Xira a Santa Cruz

Ribadeo, 4 de agosto de 2014. O alcalde, Fernando Suárez, fixo unha valoración moi positiva de todas actividades que se desenvolveron a pasada fin de semana en Ribadeo: a festa do percebe de Rinlo, o Trofeo Emma Cuervo de fútbol e a Xira a Santa Cruz.

O rexedor realizou “unha valoración moi positiva de tódolos eventos e todas as actividades que tivemos aquí en Ribadeo nesta fin de semana e ao mesmo tempo, con moitísima xente que cada vez, e cada ano, nos visita en maior número. A festa do percebe de Rinlo foi un éxito a pesares da choiva, que houbo momentos, sobre todo a finais da tarde en que choveu de maneira bastante intensa. Destacou en Rinlo que todo o mundo, tanto restaurantes coma as propias percebeiras, venderon todo o produto e foi unha regalía ver tanta xente nesta parroquia que está medrando dende o punto de vista turístico dende fai uns anos a esta parte”.

Fernando Suárez tamén aludiu ao Trofeo Emma Cuervo de fútbol, que disputaron o sábado o Sporting de Gijón e o CD Lugo: “estivo o campo practicamente cheo, cunha afluencia de xente tanto galega coma asturiana que estivo animando neste encontro, que xa é o vicedecano dos trofeos de verán. E coma non, onte na Xira de Santa Cruz, a pesares tamén da choiva, que en algúns momentos, sobre todo pola mañá era pouco menos que de diluvio, celebrouse con total normalidade, sen ningún tipo de incidente, e todo foi moi ben”.

O alcalde achegouse esta mañá á oficina de turismo da vila “onde dende as 10 da mañá xa a xente facía cola para pedir información sobre Ribadeo, sobre qué facer, sobre qué ver, sobre ónde comer e un largo etcétera. É unha marabilla ver coma Ribadeo está destacando de maneira moi importante e sobranceira no que ten que ver co turismo, e co turismo certamente de calidade. Dende logo, non é en van todo o traballo que estamos facendo dende fai uns anos a esta parte”. Fernando Suárez considera que “a xente valórao, e ven aquí con boa impresión e iso é o que intentamos facer por moitas partes: polos comerciantes, polos hostaleiros, que sei que lles está indo razoablemente ben aínda que loxicamente cada quen falará da feira segundo lle vai, e tamén dende o Concello de Ribadeo, que con todos os erros que poidamos ter estamos traballando entre todos os traballadores municipais, dando o mellor de nós mesmos para que a xente se sinta cómoda aquí en Ribadeo. Para que falen ben de nós, para que volvan, e para que lle falen de nós a outras persoas, para que sigan vindo a este concello marabilloso coma é o de Ribadeo”.

Exit mobile version