Site icon Crónica3.com A Mariña

O obradoiro que o Concello burelés comparte cos de Cervo e Xove acometerá melloras en varios edificios municipais e en pasos de cebra da vila

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 30 de agosto de 2014.- O alcalde, José Mª González Barcia, e os concelleiros de Emprego e Obras, José Casas e Manuel Fernández Valle, mantiveron un encontro cos sete alumnos e co monitor do obradoiro que comparte o Concello burelés cos Concellos de Cervo e Xove para coñecelos e informarlles do que van facer ao longo dos seis meses que durará.

Segundo explicou José Casas “trátase dos sete alumnos e do monitor que traballarán en Burela. Na parte práctica vanse realizar actuacións de mantemento, conservación e mellora dos seguintes locais: Casa da Xuventude, gardería municipal, a vivenda social que acondicionamos nas casas dos mestres do colexio Virxe do Carme, o pavillón Vista Alegre e parte do edificio multiusos da antiga praza de abastos. Tamén se van facer actuacións en materia de sinalización horizontal en pasos de cebra nas seguintes vías: intersección da rúa da Igrexa con Arcadio Pardiñas, cruce de Arcadio Pardiñas con Avenida da Mariña, na rúa Eijo Garay, na Curros Enríquez e ao longo de toda a avenida Arcadio Pardiñas”.

O concelleiro de Emprego dixo que “o obradoiro é moi positivo e, unha vez máis, temos que agradecerlle á Xunta de Galicia o esforzo que está facendo e o recoñecemento ao Concello de Burela ao concedernos estas axudas. Hai que ter en conta que este ano xa nos concederon cinco cursos, que están agora mesmo en marcha e cos cales se forma a 75 desempregados aos que hai que sumar estes 7 deste obradoiro. Estamos falando de cifras e de actuacións importantes en materia de axuda ás persoas en situación de desemprego”.

Exit mobile version