Site icon Crónica3.com A Mariña

O Plan Enerxético da Deputación aforra 2.900 euros a Xove na factura da luz

xunta-gobernoA xunta de goberno da Deputación celebrada este luns acordou a adxudicación de novo material enerxético para o Concello de Xove onde se instalaron outros 131 compoñentes no centro sociocultural e alumeado público. Ademais tamén se adxudicará novo material ó de Palas de Rei, Sober e Quiroga.

O voceiro provincial socialista explicou que se tratan dunhas actuacións do Plan Enerxético da Deputacion, que aforra a estes Concellos 137.500 euros. “Facémolo ó asumir a totalidade de custes, a diferenza do plan da Xunta, que obriga ós municipios a desembolsar o 30% dos gastos”, remarcou.

O aforro de 137.500 euros a estes 4 Concellos que acada Deputación distribúese do seguinte xeito:

– 40.000 euros coas auditorías enerxéticas, que non tiveron que pagar as entidades locais, posto que as realizaron técnicos da Axencia Provincial da Enerxía da Deputación.

– 82.300 euros coa compra e instalación de case 1.100 novos compoñentes, contrato que se aprobou este luns con fondos europeos da Deputación.

– E 15.200 euros, que é a cantidade na que estes municipios verán reducida a súa factura anual pola luz. (3.800 euros de aforro para Palas de Rei; 2.900 euros para Xove; 6.100 euros para Sober; e 2.400 euros para Quiroga).

Exit mobile version