Site icon Crónica3.com A Mariña

O popular Celestino García roga a reparación e acondicionamento de varios puntos do municipio viveirense

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á alcaldesa da Corporación os seguintes rogos, ao obxecto de que se emenden as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1º) Na parroquia de Valcarría, na estrada que vai desde Valcarría a Fontecova (cuxo mantemento lle corresponde ao Concello) veciños dos burgos de Xuncal e Cacheiro, así coma os usuarios que circulan por esta estrada fixéronnos chegar as súas queixas sobre a situación de abandono na que se atopa dita calzada, que presenta numerosos fochancas, polo que sería necesario mellorala e asfaltala, incluídas as chamadas curvas de Vizoso. Por iso ROGAMOS á alcaldesa que se realice o máis pronto posible o mantemento e acondicionamento desta estrada.

2º) Na mesma parroquia de Valcarría, veciños do Barrio de Forxán levan tempo observando a pouca cantidade de auga que chega tanto á fonte, que só mana por un dos dous canóns que ten, como ao propio lavadoiro, ambos de servizo público. Por iso ROGAMOS á alcaldesa que se tomen as medidas necesarias para solucionar este problema e a auga flúa con máis caudal.

3º) Na rúa Alonso Pérez (Camiño Vello) á altura da ponte do ferrocarril, na dobre curva, existe abundante maleza á beira do quitamedos. Por iso ROGAMOS á alcaldesa que inste a quen corresponda para a súa limpeza, ben sexa se é o propio Concello ou ben, se trátase de FEVE.

4º ) Na Avenida Luís Cebreiro (paseo marítimo de Covas) os pasos de peóns atópanse sen pintar, así como a falta de colocación dun paso de peóns ao final do paseo marítimo do tráfico rodado, ao que habería que engadir a falta de alumado público nas últimas farolas deste paseo marítimo. Por iso ROGAMOS á alcaldesa que se tomen as medidas oportunas para emendar estas deficiencias.

Exit mobile version