Mondoñedo, 2 de agosto de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo conseguiu que o equipo de goberno adquirise o compromiso de crear aparcadoiros nos terreos dos que dispón o Concello no entorno do Cemiterio Vello.
No pasado pleno municipal e logo de que o equipo de Goberno votase a favor da súa moción, o PP logrou que o Goberno Local se comprometa a crear aparcadoiros no entorno da Rúa Rocha de Vélez, ubicada detrás do Cemiterio Vello. Tamén, con este sentido de voto, o equipo de Goberno recoñeceu que en sete anos non fixo absolutamente nada neste asunto.
Por outra banda, os populares tamén alertaron do lamentable estado deste entorno, que ademais de ser esteticamente criticable, era inseguro e perigoso pola maleza e polos animais que nacían nese estado, polo que tamén pediron o adecentamento deste entorno.
Conclúe o PP afirmando que “a votación a favor por parte do equipo de goberno, fai que o equipo de goberno adquira o compromiso de crear aparcadoiros nos terreos que ten o Concello no entorno do Cemiterio Vello e demostra o seu recoñecemento de que, en sete anos, non fixo absolutamente nada no tocante a este asunto.