Site icon Crónica3.com A Mariña

O Praias de Barreiros C.D. presentouse ante a súa afección

presentacion-cdpraiasdebarreirosO club barreirense celebrou o pasado sábado 16 de agosto a súa presentación oficial no Pavillón Municipal de Barreiros.

Enmarcado nun ambiente máxico conducido polo Mago Senín foron aparecendo en escena, un a un, todos os membros da directiva do club, así como o corpo técnico e os integrantes do equipo de atletismo e do de fútbol sala.

Este acto supuxo a posta de largo do Praias de Barreiros C.D. ante a súa afección, unhas 200 persoas que non dubidaron en asistir ó pavillón para disfrutar do evento. Tamén acudiron á cita co deporte o alcalde do Concello de Barreiros, Alfonso Fuente, así como Benito Longarela e Manuel Otero, xefe do servicio provincial de deportes da Xunta de Galicia en Lugo.

Trala presentación de todos os integrantes do club, o equipo de fútbol sala disputou un encontro amigable fronte ó C.D. Cubelas FS que rematou en empate a tres goles.

Os actos de presentación remataron cunha cea no Refugio O Castro de Benquerencia.

Exit mobile version