Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG defende “a súa xestión eficiente en poucos meses no goberno do Valadouro”

O Alcalde de Valadouro xestiona e a Deputación respondeu en tan só 14 meses de cara a rematar a reparación da estrada provincial de Ferreira-Gontán no Concello, con preto de 7 km de aglomerado.

O PP fala da herencia socialista, pero non fala da súa propia que deixou despois de 25 anos de goberno no Valadouro e á que o PSOE lle pon remedio en poucos meses de xestión eficiente.

O PP ten que falar menos e traballar máis, xa que no Valadouro non se ve o traballo realizado por eles, fai crítica destructiva e promete cousas que nunca chega a cumprir, coma o pediatra e o polígono industrial.

Exit mobile version