Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo FC comeza na casa a tempada 14/15 en Terceira

O Ribadeo FC comeza a Liga regular 14/15 o domingo 24 de agosto recibindo ó Alondras CF, mentres que o 31 do mesmo mes viaxará a Cerceda. Pontevedra, Bergantiños, Ordes e Depor B serán os rivais ós que se medirán os celestes no mes de setembro.

O derbi provincial da primeira volta disputarase en Vilalba o 19 de outubro, mentres que os ribadenses recibirán ós de Óscar Gilsanz o 8 de marzo.

Polo de agora, o equipo dirixido por Germán Campos e Manolo Vilachá participará nesta pretemporada no triangular XX Aniversario do Friol CF este martes 5 de agosto ás 19.30 horas onde se medirán ós locais e ó CD Castro.

Campión Preferente Autonómica
O Ribadeo FC recibiu este sábado en Santiago os trofeos de campión Preferente Autónomica grupo norte e campión galego Preferente Autonómica correspondente á temporada 2013/2014.

Exit mobile version