Site icon Crónica3.com A Mariña

O Seminario de Estudos do Valadouro promove un curso de iniciación á apicultura

O Seminario de Estudos do Valadouro organiza un curso de iniciación á apicultura de 12 horas de duración divididas en catro sesións entre o venres 22 de agosto e o domingo 24 de agosto.

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) será a responsable de impartir este curso que comezará o venres 22 de agosto ás 18.00 horas cunha sesión sobre a multifuncionalidade da actividade da apicultura que rematará ás 21.00 horas. O sábado 23 falarán sobre “a saúde das abellas”, pola mañá (de 11.00 a 14.00 horas), e dos produtos das abellas, pola tarde (16.00 a 19.00 horas). Finalmente, na xornada do domingo realizaranse visitas e prácticas nos apiarios dos apicultores locais entre as 10.00 e as 14.00 horas.

Os interesados poden inscribirse nos teléfonos 647 57 00 25 ou 619 38 99 97 ata unha semana antes do inicio do curso por un prezo de 55 euros. O prezo do curso para os socios do SEVA verase reducido a 40 euros, pero tamén terá condicións especiais os socios de AGA e os desempregados que deberán aportar a tarxeta de demandante de emprego. Aínda así, o número mínimo de prazas para que o curso se celebre é de 10 persoas.

A actividade conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial e os Concellos de Alfoz e O Valadouro.

Exit mobile version