Site icon Crónica3.com A Mariña

O terceiro concerto do ciclo Agosto Musical 2014 será este xoves ás 23 horas na ribadense Rúa San Francisco

Ribadeo, 20 de agosto de 2014.- O terceiro concerto do ciclo Agosto Musical 2014, organizado pola asociación Amadores da Música, celebrarase na ribadense rúa San Francisco, en vez de na Praza de Abaixo, que era onde estaba previsto anteriormente. Será este xoves ás once da noite e correrá a cargo da sección de vento metal da Banda de Música Municipal de Ribadeo xunto co quinteto Ribadeo Brass, baixo a dirección de Rubén Solloso Irimia.

O concerto “vai ter dúas partes diferenciadas: na primeira o quinteto Ribadeo Brass vamos tocar catro temas variados, entretidos e apropiados para interpretar fóra, con algunha melodía coñecida, para que sexa máis vistoso para a xente de cara a oír fóra, nun concerto de verán; e a segunda parte vai ser con toda a sección de vento metal da Banda, que ofrecerá 5 ou 6 temas, tamén de melodías coñecidas para que a xente goce dun concerto moi fácil de oír. Ao final vamos unir a algún compoñente máis da Banda e algunha xente de fóra para facer un par de temas cunha formación parecida a unha big band”, explicou Rubén Solloso.

Exit mobile version