O torneo disputarase nas seguintes categoría: federado masculino, open masculino de 2ª e 3ª división, open feminino e open mixto. A inscrición, que está aberta ata o 13 de agosto, pode realizarse en www.mistorneosonline.es ou no seguinte número de teléfono: 650 62 43 50. López Bravo sinala que “al inscribirse cada persona recibe como obsequio un polo técnico y una gorra”. O sorteo de cadros terá lugar o día 14 ás 12 da mañá en PCR.
A día de hoxe son 75 as parellas inscritas e tamén 6 xogadores do circuíto profesional (Wold PadelTour) como Ramiro Moyano, David Gutiérrez, Chico Gómes e Pablo Lijó, entre outros.
O 23 de agosto, sábado, haberá unha churrascada para todos os participantes. Os organizadores aseguran que o evento deportivo será un referente na zona.
O torneo federado ORO Padelbyfit e OPEN ADARSA SIETE PECADOS está organizado polo Grupo Adarsa, Siete Pecados e Medias Tintas. E conta coa colaboración de Jim Sports, Acisa Ribadeo, Manualidades Marta, K2 Tenis y Pádel, Federación Gallega de Pádel, Xunta de Galicia, Deporte Galego e Concello de Ribadeo.