Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de cartón-pedra en Barreiros

obradoiro-cartonRematou con grande éxito de participación o obradoiro de cartón-pedra, que se veu desenvolvendo desde o pasado 14 de xullo, organizado pola Oficina de Información Xuvenil e pola Concellería de Cultura de Barreiros. O broche final ten lugar este sábado co actuación da compañía Mircromina e o seu espectáculo Martin, Martin ás 12 no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Paralelamente pódese ver unha exposición dos traballos realizados no obradoiro de cartón-pedra por parte dos rapaces participantes.

Exit mobile version