Site icon Crónica3.com A Mariña

Observación astronómica en Ribadeo

observacionMedio cento de persoas acudiron á observación astronómica que tivo lugar o pasado sábado pola noite na praia das Catedrais. Horacio Cupeiro, o concelleiro de Medio Ambiente, explicou que “os asistentes puideron observar as estrelas e os planetas. A sesión resultou moi ben. A observación prevista para onte na praza de España, en Ribadeo, non se puido realizar por cuestións metereolóxicas”. Para o 6 de setembro hai prevista outra sesión en Remourelle. Por outra banda, desde este luns e ata o mércores, 20 de agosto, Ribadeo acolle un curso de astronomía na sala multiusos do Real Club Náutico. O horario é de 11 a 12 polas mañás e de 22.30 a 23.30 horas polas noites. Está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Ribadeo.

Exit mobile version