
Este domingo 17 de agosto ás 21:30 horas, os recén reformados Colexios Vellos de San Miguel de Reinante acollerán a representación da obra teatral “Oé, oé, oé” do grupo de teatro Ollomao, de Barreiros. A peza foi estreada a comezos de ano e dende entón foi levada a distintos espazos do concello barreirense e outros limítrofes. Esta é a segunda obra deste grupo de teatro nacido a comezos do ano pasado que colleitou numerosos éxitos coa representación de “Os vellos non deben de namorarse”. O grupo está xa a traballar noutra peza cunha máis ampla posta en escena, “Noite de Reis” de Shakespeare, que agarda ser estreada de cara ao vindeiro ano. Todas as persoas interesadas en asistir á representación deste domingo poderán adquirir as súas entradas, cun coste de 2€, o mesmo día da representación media hora antes do inicio da obra.