Site icon Crónica3.com A Mariña

Ollomao convoca o IV certame fotográfico “Enfocando Barreiros”, nesta ocasión co tema “Obxectivo: aprender no rural”

enfocando (2)Barreiros, 21 de agosto de 2014.- O certame fotográfico “Enfocando Barreiros” que vén organizando o Colectivo Cultural Ollomao nos últimos anos, chega á súa cuarta edición. Como vén sendo habitual, a temática do concurso está vencellada á liña de traballo arredor da cal o colectivo barreirense organiza as actividades do ano en curso. O tema para esta edición é: “aprender no rural”. Este foi escollido con motivo de profundizar na temática do pasado ano, “o rural barreirense”, tratando de prestar especial atención a aqueles aspectos, comportamentos, costumes, patrimonio e usos do rural que nos suxiran unha aprendizaxe propia deste entorno.

O prazo para a participación no certame estará aberto ata o día 30 de setembro, e distínguense dúas modalidades: infantil, ata 14 anos e cuxo premio consistirá en material fotográfico; e adulta, cun primeiro premio de 200€ e un segundo premio de 100€. A participación farase por medio de correo electrónico á dirección colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. Todas as persoas que desexen obter máis información poderán facelo a través do mesmo enderezo, e consultando as bases disponibles no blog de Ollomao: www.blogoteca.com/ollomao.

Exit mobile version