Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Folkgazais presentan o seu novo disco ‘Alorías’ no Hotel Canabal

folkgazaisO Hotel Canabal de Burela será na tarde deste próximo domingo, 24 de agosto, o centro do panorama musical da Mariña porque vai acoller o acto de presentación de Alorías, o novo disco do Conxunto Os Folkgazais, da Veiga. O evento celebrarase ás oito da tarde e nel cóntase coa participación de Abel Pérez e Ruth Martín (líder e vocalista do grupo musical), que ofrecerán unha moi especial actuación en directo.

Exit mobile version