Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos denunciar o uso pouco transparente e o despilfarro de cartos públicos que se fai dende o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela. O que denunciamos ven derivado da solicitude feita dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Burela respecto ó cobro de dietas e desprazamentos que fan dúas Concelleiras do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela, en concreto as Concelleiras de Deportes e de Cultura que por norma fan tres desprazamentos a Santiago mensuais, non sabemos a que, sen ningún tipo de xustificación dos mesmos.
Despois de ver a documentación referida a dietas puidemos observar como estas dúas Concelleiras non xustifican para nada estes viaxes. Nin con quen se reúnen, nin a quen visitan, non presentan ningún tipo de xustificante de gastos (parking, autopista, comida, etc…), o que a todas luces nos parece moi grave. Recordemos que están a gastar cartos de todos os veciños e veciñas de Burela.
O pasado día 6 de agosto o PSdeG-PSOE de Burela presentou unha solicitude pedindo que se explicaran a xustificación de ditos viaxes, que nos custan os veciños e veciñas de Burela preto de 700 euros mensuais. Ante a negativa a proporcionarnos esta información por parte do Sr Barcia fainos pensar que estes “supostos” gastos de viaxe non son máis que soldos encubertos que se lles paga ás Concelleiras que non pertencen ás Xuntas de Goberno, unha compensación polos servizos prestados. É máis, a negativa a darnos esta información fainos supoñer que estes viaxes non se fan na realidade.
Ao noso xeito de ver estas actitudes non teñen cabida cando se fala de gastar os cartos dos veciños e veciñas que o están a pasar mal, en grande medida por culpa da suba de impostos ós que nos ten sometidos este equipo de “desgoberno” dende que chegaron ó goberno municipal.
Todo isto có beneplácito do Sr Barcia que é o que asina e aproba os pagos destas dietas, polo que entendemos que é o máximo responsable desta situación, e entendemos que debe de ser o que explique claramente ós veciños e veciñas de Burela quen, como e a onde se desprazan os membros do equipo de goberno, e para que xestións.
En caso de esta situación non se aclare e corrixa, o PSdeG-PSOE de Burela iniciará todos aqueles pasos que vexamos convenientes para aclarar en que e como se gastan os cartos dos veciños e veciñas de Burela, e que estes gastos sexan claros, transparentes e xustificados. Esa é a nosa labor.