Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas critican que “o goberno popular de Foz mostrou unha vez máis o pouco interese por conservar a sanidade pública”

Dende o Grupo Municipal Socialista podemos calificar de decepcionante o acontecido no pleno deste xoves, cando o Partido Popular votou en contra dunha moción presentada por este grupo, donde se pedía á Consellería de Sanidade que revaliara a necesidade de non pechar camas hospitalarias, debido ó aumento de poboación na época estival e así mesmo tamén esixir contratación de persoal para suplir aos profesionais sanitarios que se atopan de vacacións.

O Goberno Popular co seu alcalde á cabeza atreveuse a votar en contra poñendo por diante os datos e as órdenes da consellería.

Pero este alcalde non só se mostrou en contra dos socialistas, se non que tamén demostrou o pouco que lle importan os seus veciños, cando son máis dun 80% de traballadores sanitarios quenes están pedindo a voces que se faga algo polo mal servizo que se está prestando no propio Hospital da Costa.

O que si logramos sacar adiante e aprobala por unanimidade foi unha moción na que se esixía á Xunta de Galicia unha ampliación orzamentaria para as axudas e subvencións dos plans de cooperación para o fomento de emprego no ámbito de colaboración de entidades locais, como mínimo coa mesma dotación orzamentaria que no ano 2013.

Creemos que ante o problema económico que botou a miles de persoas á precariedade laboral ou á exclusión social, o Goberno da Xunta de Galicia debe usar tódolos seus recursos para paliar o drama de miles de familias galegas.

Aínda que o Presidente Feijóo se mostrou insensible e incompetente para resolver o principal problema dos galegos, recortando o pasado ano un 89% a partida do presuposto destinado a este plan, esixímoslle ao Sr. Feijóo que faga todo o necesario para que nestes orzamentos se amplíe dita partida.

Exit mobile version