Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Foz reclámanlle ó goberno municipal que “xa é hora de que rematen as vacacións e traballen polo pobo”

O PSOE de Foz pon de manifesto unha vez máis a situación de deterioro e desgoberno do noso Concello.

Desta volta pon en coñecemento a situación do entorno natural e paisaxístico que está sendo visitado por centos de turistas que queren coñecer máis a fondo o noso Concello e o seu medio rural.

Concretamente falamos dos entornos da Frouxeira, os Castros de Fazouro e o mirador do Pico da Lebre; os cales se atopan nun estado de total abandono, coas vías de comunicación totalmente inaccesibles, os aparcamentos comidos pola maleza, incluso pasouse de ter paneis informativos a nin sequera existir.

Respecto ao entorno da Frouxeira temos que facerlle un recordo ao noso goberno do Partido Popular; que lle voten un vistazo ao seu programa das eleccións municipais onde prometían facer un Mirador en condicións. Agora si que queda suficientemente claro que o Partido Popular non só é especialista en incumprir promesas electorais se non que tamén e incapaz de manter o que outros fixeron con tanto esforzo.

Recordámoslle tamén ao señor alcalde que non chega só con presumir de que o pobo de foz sexa un referente turístico tanto no patrimonio natural coma no marítimo.

Esiximos ao Equipo de Goberno que saian dos bares e do despacho e pisen a rúa escoitar aos veciños e veciñas de Foz para ver a realidade que estamos todos a sufrir en pleno mes de agosto.

Exit mobile version