Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras na Cazolga

cabras-lourenzaOs sendeiristas de Pasada das Cabras de Burela participaron na ruta circular de 15 quilómetros dende a Cazolga por Cornería organizada por Terras de Lourenzá este domingo. Un centenar de camiñantes finalizaron a ruta cunha comida composta por bolos preñados e churrasco nun ambiente festivo que rematou cunha queimada. Tamén houbo competicións populares, carreiras de sacos, tiro de corda, etc. entre os de Burela e os organizadores de Lourenzá. A próxima ruta de Pasada das Cabras será o sábado 13 de setembro pola localidade pontevedresa de Moaña.

Exit mobile version