Danme medo aqueles que din non lles interesa a política, que directamente “pasan” da política e dos políticos, que todos son iguais e demais topicazos simplistas. Dame medo porque, no fondo, son sumisos á vontade de quen os gobernan, e quen nos gobernan, poderán seguir facendo o que lles veña en gana apoiados, precisamente, por esa falta de sentido crítico. Sóbenlles os impostos, pagarán sen rechistar nin preguntar onde irá ese diñeiro, O seu diñeiro, para que o necesitan ou si están ou non de acordo con ese modelo de xestión. Si os bótan do curro a cambio dunha indemnización de merda, si despois cobran un paro de merda, menos do que lles correspondeu antes da reforma laboral, ou lles obrigan a xubilarse máis tarde do previsto, non se dan conta que detrás de todo isto hai unha decisión política. E detrás do prezo da súa vivenda tamén hai unha decisión política. Ata tamén detrás da tarifa telefónica que pagan, do auga, da luz, do combustible para o seu coche, das axudas ou descontos para comprarse ese coche, do prezo do seu autobús, o seu tren ou o seu taxi, ou do parque da súa casa onde pasea o can. Ese parque está aí e é bonito ou feo, grande ou pequeno, limpo ou cheo de merda, ben ou mal iluminado grazas a unha decisión política. E a piscina municipal, a biblioteca, a beirarrúa que pisas ou o médico que ao final che salvará a vida. Ou non.
Por outra banda tamén esquecen, ou se lles escapa, que gran parte dos dereitos sociais aos que teñen acceso, tales como o dereito a paro, as vacacións, as baixas remuneradas e tantos outros, conseguíronse grazas á presión social, ao desacordo, á protesta. Que todo cambio ou mellora é posible porque históricamente, desde o principio dos tempos, así o foi.
O vindeiro Setembro haberá Consello de Ministros. Albíscanse máis recortes nos recortes xa recortados. E algo me di que haberá quen non se decaten do que anuncien ou, directamente, pasen do tema porque “non vai con eles”. Ollos que non ven. Pero tarde ou cedo acabarano lamentando. Non me cabe a máis mínima dúbida.