Site icon Crónica3.com A Mariña

Paseo polo litoral burelés para coñecer a flora, da man das monitoras de Gaia

280814 Foto paseo Gaia 2 (1)Burela, 28 de agosto de 2014.- Un grupo de nenos e nenas, algúns da ocioteca e outros coma usuarios das praias, participaron estes días nun paseo polo litoral burelés guiados polas monitoras de Gaia.

“A través do estudo e observación da súa singular beleza, e facendo énfase na súa importancia coma especies da biodiversidade, desde Gaia pretendemos que os máis pequenos aprendan e respecten a flora do noso litoral”, explican as monitoras.

O pasado martes desprazáronse á praia de O Portelo para identificar algunhas especies existentes no litoral de Burela (rabo de lebre, paletaina…) e así coñecer detalles sobre á súa floración e o carácter estacional. As monitoras de Gaia contáronlles aos asistentes “a masiva existencia dunha especie invasora, denominada carpobrotus edulis, máis coñecida coma uña de gato, e sobre a que a día de hoxe existen medidas de control para evitar a afectación da flora autóctona. O carácter invasor desta especie é pernicioso por esgotamento dos solos e por imposibilitar o arraigamento de especies autóctonas”.

Todas estas especies poden atoparse ao longo de todo o sendeiro azul que vai desde a praia da Marosa ata a do Cantiño.

Exit mobile version