Site icon Crónica3.com A Mariña

Penúltima proba da Copa Deputación de piragüismo na Ría de Viveiro

Viveiro, 8 de agosto de 2014. Un total de 201 padexeiros pertencentes a 6 clubs da provincia de Lugo participan este domingo, 10 de agosto, na penúltima proba da Copa Deputación de Piragüismo, que se celebrará na ría de Viveiro. Os 201 participantes competirán todos en K1 e pertencen a todas as categorías federadas, dende benxamíns ate veteráns.

A clasificación da Copa Deputación de Piragüismo está encabezada neste momento polo Club Fluvial de Lugo, seguido polo Kayak Foz e o Cidade de Lugo. Viveiro, San Cibrao e Ribadeo pechan a clasificación momentánea á espera de que se disputen as dúas probas que faltan: a de Viveiro este domingo e a de Foz o vindeiro 7 de setembro ás 15:30 horas.

O día antes, o sábado 6 de setembro tamén ás 15.30 horas, terá tamén lugar na ría de Foz a saída Travesía Ría de Foz, suspendida no pasado mes de xullo polas condicións meteorolóxicas.

Exit mobile version