Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Pónlle as pilas ao teu bocata’ e ruta ornitolóxica para esta semana no Vicedo

A actividade ponlle as pilas ao teu bocata achégase ao Vicedo na mañá do martes 12 de agosto a partir das 11.00 horas na Casa da Cultura do Vicedo. Un ano máis, os nenos e nenas que o desexen poderán participar en xogos divulgativos, actividades e finalmente degustar os seus propios bocatas de conservas de peixe (actividades para nenos maiores de 4 anos) Podedes obter máis información sobre a campaña na web www.ponlleaspilasaoteubocata.xunta.es.

Mércores de natureza: ruta ornitolóxica
Por outra banda, seguindo cos mércores de natureza que se organizan durante todo o verán, este mércores toca ruta ornitolóxica polo Vicedo. O punto de encontro será a Casa da Cultura ás 9h00 e desde alí partiremos camiñando ata a praia de Arealonga. O grupo irá acompañado por expertos ornitólogos e poderase disfrutar da amplia variedade de especies da nosa zona. A Actividade é gratuita e é apta (e recomendable) para todos os públicos. Recoméndase levar prismáticos. Xa pola tarde, ás 20h abrirase unha pequena exposición fotográfica sobre as especies atopadas na zona e despois un coloquio con Antonio Sandoval, experto ornitólogo residente en Bares que, ademais, asinará exemplares dos seus libros ¿Para qué sirven las aves? y Cuando ver aves en Galicia.

Exit mobile version