Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas do Grupo Municipal Popular viveirense de cara ó próximo pleno

OLYMPUS DIGITAL CAMERAViveiro, 28 de agosto de 2014.- Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

1º) O Paseo marítimo conocido como O Espigón de Covas, inagurado no verán de 2010 e que é moi frecuentado por veciños e visitantes que acuden tanto a pasear como a práctica da pesca, unha vez máis estivo e está sin iluminación dende principios do verán, tal e como nos confirmaron varios veciños e mesmo tal e como puidemos comprobar nós mesmos. Lembrar que a principios do verán pasado a Dirección Provincial de Costas repuxo a barandilla e reparou este alumeado público, polo que non se entende moi ben que un ano despois voltemos a estar na mesma situación sen o alumeado deste espigón, motivo polo que lle preguntamos a Alcaldesa:

1 – Cal e a causa polo que nun funcionou nos últimos meses o alumeado público no paseo marítimo do Espigón de Covas?
2. Cando voltará a estar en funcionamento o mencionado alumeado?

2º) Dende fai moito tempo faltan varias farolas da estrada LU-862 do tramo Viveiro–Covas, que no seu momento foron retiradas dos seus anclajes motivado por accidentes de trafico, sin que ata a fecha foran repostas no seu lugar. Estamos a referirnos as situadas na curva de Maestria, na Avd Misericordia nº 67 e na rúa Suasbarras entre as vivendas nº 42 e 48 en Covas. Por este motivo lle preguntamos á Alcaldesa:

1 – Cales son as razóns para que ó dia de hoxe, e despois de máis de tres anos, non se teñan volto a colocar no seu sitio as mencionadas farolas?
2- Teñen previsto voltar a colocalas no seu sitio a curto plazo?
3 – En caso afirmativo, en que data prevén a súa reposición?

3º ) Este grupo municipal solicitou en pleno a reparación de pistas e de varias rúas do noso Concello, entre elas varias da parroquia de Covas que si ben é certo que últimamente se repararon algunhas nesta parroquia, non é menos certo que quedaron outras moitas sin reparar a pesares do mal estado no que se encontran tal como sucede na rúa Granxas e na rúa Dos Castelos (entre as vivendas sociales), ou en Sualanvandeira en Vieiro, donde existen enormes fochancas que dificultan a circulación polas mesmas. Como queira que estas obras están sin realizar e polo que lle preguntamos á Alcaldesa:

1 – Vaise a proceder a reparación das Rúas mencionadas anteriormente?
2 – Si se van a reparar, para cando está prevista a súa reparación?

4º) Xa hai un tempo que remataron as obras de colocación dos contenedores soterrados na rúa A Parrela e no Campo da Festa, ambos na parroquia de Covas. Como queira que a día de hoxe non entraron en funcionamento e plo que lle preguntamos á Alcadesa:

1- Existe algunha causa que impida a posta en funcionamento dos mismos?
2- Cando van a entrar en funcionamento os mencionados contenedores soterrados?

Exit mobile version