Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación oficial laranxa e a pola segunda proba da pretemporada

O CD Burela FS Pescados Rubén presentou onte o seu proxecto deportivo da tempada 2014/2015. O acto celebrouse no pavillón Vista Alegre de Burela e contou coa presenza de numerosos afeccionados que contemplaron a posta de longo dos equipos laranxas co sabor da Galipizza do club.

Ademais da presentación dos equipos de base e senior de Primeira División, os afeccionados laranxas gozaron coa visualización dun vídeo que recordou a historia do club con imaxes históricas para o recordo. A agrupación cultural Airiños do Xunco amenizou a velada con música galega.

Amigables
Segundo encontro de pretemporada para os equipos senior do CD Burela FS Pescados Rubén. O conxunto masculino acudirá á súa cita estival habitual en Trabada para disputar o Memorial Celso Currás ante o Azkar Lugo FS. O derbi lucense xógase o sábado 23, a partir das 20.00 horas. O mesmo día, o equipo feminino visita a cancha do Poio Pescamar FS. O duelo comezará ás 17.30 horas.

Exit mobile version