Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematarán a comezos de setembro as actuacións do Concello nas instalacións deportivas da Marosa

Burela, 22 de agosto de 2014. As actuacións que o Concello está a realizar nas instalacións deportivas da Marosa estarán rematadas a principios de setembro. Este venres os concelleiros de Obras e Deportes, Manuel Fernández, e Beatriz Piñeiro, e o alcalde, José Mª González Barcia, supervisaron eses traballos.

Fernández Valle dixo que “o Concello de Burela está levando a cabo actuacións de mantemento das instalacións deportivas da Marosa. Aparte dos traballos que se realizan todo o ano, porque temos a unha persoa alí de forma permanente, agora antes do inicio da tempada deportiva estase procedendo ao pintado interior dos vestiarios da Marosa e vanse reparar algunhas portas que están deterioradas”.

Piñeiro indicou que “estas actuacións van quedar rematadas ao longo da próxima semana ou a principios da primeira semana de setembro. A idea é que cando comece a tempada de fútbol, o domingo día 7, os vestiarios estean listos para poder ser usados”. E engadiu que “ao mesmo tempo vaise levar a cabo o mantemento da pista de pádel, tal e como se fixo o ano pasado, e tamén do campo de fútbol de herba artificial”.

O concelleiro de Obras subliñou que “desta forma o equipo de goberno cumpre cos seus compromisos en materia de deporte e nesta liña vamos manternos no futuro”.

Exit mobile version