Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo vivirá a ‘Noite Fluor’ da man de ACISA o xoves 7 de agosto con máis de 40 tendas abertas ata as doce da noite

Ribadeo, 2 de agosto de 2014. Mais de 40 comercios participarán o vindeiro 7 de agosto na Noite Flúor que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

Ese día as tendas estarán abertas ata as doce da noite e haberá moitas actividades. Desde as nove ás once a Ludoteca Chiquitrén acollerá aos máis pequenos da vila. Haberá xogos, actividades, aperitivos… e por cada ticket de compra nunha das tendas participantes no evento Acisa agasallará aos clientes cunha hora na ludoteca para @s seus fill@s. Ademais os que fagan as súas compras nos establecementos que se darán cita nesta Noite Flúor / Ribadeo Aberto poderán conseguir o agasallo Acisa Flúor.

A música de Zúmballe Batukada inundará as rúas de Ribadeo desde ás nove ás doce da noite.

Desde a directiva de Acisa animan “a veciñ@s e visitantes a disfrutar da nosa Noite Flúor / Ribadeo Aberto”.

Exit mobile version