Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogos e preguntas do BNG de Viveiro para o vindeiro pleno

Viveiro, 30 de agosto de 2014.- Bernardo Fraga Galdo con domicilio a efectos de notificación en Avda. de Ferrol nº20 Entrechán 20-A, en nome e representación do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, e conforme á lexislacion vixente, presenta ao Pleno da Corporación Municipal de Viveiro as seguintes

Preguntas
1. Conforme ten coñecemento o grupo municipal do BNG, na Piscina Municipal de Viveiro, existen varios colectivos tanto públicos como privados exentos de aboar a cota de asociados á citada piscina municipal. Excluíndo aqueles colectivos exentos por prestar un servizo social, preguntamos:
¿Cantos colectivos públicos e privados teñen a día de hoxe exención de pago de cota de asociado na piscina municipal?
¿Cantas persoas, pertencentes a estes colectivos acceden á piscina municipal de balde, e en canto valora o Concello de Viveiro, a redución de ingresos da Piscina Municipal por este concepto?

2. O Grupo Municipal do BNG, tivo coñecemento, da intención por parte da Consellería de Educación da reducción de dúas prazas de profesores no IES Vilar Ponte de Viveiro.
¿Ten coñecemento a Alcaldesa ou a Concelleira de Educación desta situación?
De ser así, ¿Qué actuacións levou a cabo o Concello de Viveiro, ou a concellería de Educación antes do comezo do curso escolar, para garantir que non se vexa reducida a calidade educativa do centro?

3. Numerosas veciñas e veciños do Concello, reclaman continuadamente un plan de limpeza da Ría de Viveiro, principalmente no tramo entre a ponte da vía do tren e a Ponte da Misericordia, posto que presenta gran cantidade de suciedade.
¿É coñecedora a Alcaldesa de Viveiro desta situación? De ser así, que xestións se teñen realizado dende o equipo de goberno para rematar con esta situación?

4. Veciñas e veciños de Covas, reclaman constantemente, a falta de limpeza das rúas e dos contedores. Que están cheos practicamente todo o día, principalmente no verán, con residuos procedentes principalmente do comercio.
¿Ten o Concello de Viveiro prevista a realización dalgún tipo de campaña de sensibilización da sociedade para que se cumpran os horarios na recollida do lixo?

Rogos
1. O pasado xoves 31 de xullo, inaugurábase a Avenida Gerardo Harguindey Banet, que discorre entre o cruce da Depuradora e a Confraría de Pescadores de Celeiro. Persoal municipal instalou a placa que nomea a rúa, no monolito escultórico que existe no cruce co nome de Celeiro, deslucindo completamente o mesmo. Rogamos ao equipo de goberno, que retire a placa e busque unha ubicación máis axeitada para a mesma.

Exit mobile version