O Vicedo continúa cos mércores de natureza que se organizan durante todo o verán cunha ruta ornitolóxica polo municipio. O punto de encontro será a Casa da Cultura ás 9-00 horas e desde alí partirase camiñando ata a praia de Arealonga. O grupo irá acompañado por expertos ornitólogos e poderase disfrutar da amplia variedade de especies da nosa zona. A Actividade é gratuita e apta (e recomendable) para todos os públicos. Recoméndase levar prismáticos. Xa pola tarde, ás 20.00 horas abrirase unha pequena exposición fotográfica sobre as especies atopadas na zona e despois un coloquio con Antonio Sandoval, experto ornitólogo residente en Bares que, ademais, asinará exemplares dos seus libros ¿Para qué sirven las aves? y Cuando ver aves en Galicia.