Site icon Crónica3.com A Mariña

San Bartolo gaña o VIII Torneo de Basket 3×3

sanmiguel-3x3San Bartolo, proclamouse campión da VIII edición do Torneo de Basket 3×3 que organiza a Peña Barcelonista San Miguel e que se celebrou o venres 15 no pavillón do colexio de San Miguel de Reinante nunha xornada de bo ambiente.

Los Bulls dominaron na primeira fase, en forma de liguiña de todos contra todos, con 8 vitorias. San Bartolos con 7, Pulpiños con 6, e Tres amigos con 4. Destacou unha gran igualdade entre tódolos equipos participantes.

Pulpiños e Tres amigos disputáronse a terceira e cuarta praza a favor dos primeiros cun marcador de 16-13. E xa final, a veteranía de San Bartolo impúxose derrotando nun apretado final a Los Bulls por 16-14 nun partido de calidade.

Dende a organización queren destacar e agradecela deportividade dos equipos participantes que favoreceu que o torneo se celebrara nun gran ambiente deportivo.

Exit mobile version