Site icon Crónica3.com A Mariña

Torneos de baloncesto 3×3 en Burela

O CB Burela e o Concello organizan dous torneo de baloncesto 3×3. Entre o 12 e o 14 de agosto disputarase o torneo das categorías minibenxamín (06-08), benxamín (04/05), alevín (02/03) e infantil (00-01). Así mesmo, entre o 19 e o 21 de agosto celebraranse os torneos das categorías cadete (98/99), xuvenil (96/97) e sénior. En tódolos casos se dividen en categoría masculina e feminina aínda que se non hai equipos suficientes se poderán mesturar as categorías. O escenario da competición será a pista do parque e o horario, as 20.30 horas. Os interesados poden inscribirse ata o luns 18 de agosto na Casa da Xuventude a través do teléfono 982 58 11 41. Pola contra, no primeiro dos torneos poderanse inscribir os participantes ata media hora antes do inicio da competición.

Exit mobile version