
Barreiros, 27 de agosto de 2014.- Unha trintena de nenos e nenas de 5 a 14 anos acudiron este martes á praza do Concello para participar na actividade denominada Ponlle as pilas ao teu bocata. Os asistentes disfrutaron dunha xornada lúdica sobre o consumo de peixe e marisco, no que foron informados dos beneficios das conservas e das enerxías que estas aportan. A actividade consistiu na realización dun xogo lúdico-educativo e a posterior elaboración de bocatas de conservas por parte dos asistentes”.
Ponlle as pilas ao teu bocata foi organizada polo departamento de Servizos Sociais do Concello barreirense en colaboración coa Xunta de Galicia.