Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha semana para o Tentacle Summer Littlefest que achegará a Foz a Craig Smith e Jimpster

jimpsterSó falta unha semana para o Tentacle Summer Littlefest, o festival de música electrónica alternativa, co que se da continuidade á programación cultural de Foz despois das festas de San Lourenzo 2014.

Deep López abrirá un electro vermú ás 12.00 horas. Funkombo continuará coa música entre as 13.00 e as 14.30 cando Lelé protagonice a última sesión gratuíta entre as 14.30 e as 15.30 horas.

As sesións da Real Party comezarán ás 16.00 con Juan Soto. Didactic e Kiko López poñerán música entre as 17.00 e as 18.30 horas; mentres que ata as 19.45 continuará Manolo Vilouta. Despois, ata as 21.00 horas será a quenda de Mario González. Dr. Think poñerase á fronte da festa ata as 22.15 horas para dar paso a Vitor P, de 22.15 a 23.30 horas e Ino de 23.30 a 01.00 horas.

Xa na madrugada Craig Smith ofrecerá unha sesión ata as 03.00 horas e Jimpster pechará o festival ás 05.00 horas.

Entradas
As entradas para o festival están xa a venda na web do Tentacle, a través de ticketea ou nos establecementos asociados por un prezo de 12 euros:

Ribadeo – Hola Ola

Foz – Longarela Moda , Sensacion Surf, Pulpería Panilla (As Torres), Portovello, Maremasma, A Taberna, Casa Damián e Xoyma.

Lugo – Cinco Vigas e Camaleón Tattoo

A entrada con acceso a zona VIP -baños, barra e son independentes, terrazas cubertas e alcohol premium con aforo máximo de 200 persoas- costa 30 euros.

Exit mobile version