Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz critica a deixadez do goberno municipal sobre o mantemento dos servizos e edificios públicos

O portavoz do grupo municipal Unifoz, Jaime Cancio, asegura que “o Concello de Foz está PAGANDO UN MOI ALTO PRECIO pola incapacidade de este goberno do PP de Foz, que nin quere, nin sabe gobernar. E as consecuencias de esta parálise, desorganización, deixadez, son incalculables”.

As praias están totalmente descoidadas en servizos básicos e obrigatorios no caso de bandeira azul, así podemos ver como na Areoura, o domingo, non había acceso para discapacitados, nin están exposto ao público os controles das augas da praia, e podiamos seguir falando de socorristas, e mantemento de duchas en outras praias, e das papeleiras dos paseos nin falemos, sempre sen recoller. Será por iso que este Alcalde, nin fixo o tradicional acto de izado de bandeiras?

A parálise administrativa e tal que catro anos despois seguen contratos caducados e sen sacar a concurso. Mentres todo isto pasa, o SUPERPORTO, sigue sendo virtual coma no ano 2011; o tema da EDAR, sen solución; o Plan Xeral, que sen consenso retomou o Sr. Alcalde, outro intento falido pola falta de xestión de este goberno do PP nefasto para Foz.

As vías de comunicación no medio rural e urbano, non soportan ese abandono de case catro anos sen mantemento deste goberno. A ausencia de poda e mantemento de árbores (coma na rúa Corporacións) é unha mostra máis da situación do pobo. A falta de limpeza urbana e no medio rural é algo que repiten todos os veciños día a día, pero que este Alcalde dedicado ao POSTUREO, NON É QUEN DE VELO.

E sobre a seguridade cidadá: todos os días, e sobre todo a fin de semana, na rúa Rego de Foz transitan coches a gran velocidade sen que se faga nada por evitalo.

O 90% dos traballos que se fixeron, son encargados todos a mesma empresa de forma directa, sen concurso público, esa é a forma de que gobernen dende a sombra, os que deciden.

E por último e máis contundente é dicir que os edificios públicos coma a Sala Bahia, Casa da Cultura ou Concello teñen goteiras, instalacións defectuosas e están caendo a cachos por non dedicar nin un solo momento ó mantemento dos mesmos.

Exit mobile version