Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz esixe ao goberno do PP de Foz unha maior implicación deste desaparecido goberno municipal

Foz, 30 de agosto de 2014.- Unifoz esíxelle ao Alcalde a convocatoria urxente da comisión creada dende febreiro deste ano para análise do funcionamento da Piscina Municipal, así como unha reunión cos representantes dos veciños que entregaron no Concello centos de firmas recollidas de queixas sobre a mesma.

Este G.M. do PP, segue en parálise total administrativamente, como demostra que dende o mes de febreiro ,aínda non foi quen de convocar a Comisión creada para análise de funcionamento da piscina.

Unifoz , considera que non se pode esperar máis, dada a importancia do tema a tratar e coincidindo xa co inicio da etapa de maior demanda o sr Alcalde non pode mirar para outro lado, e haberá que analizar a situación e aportar solucións a unhas instalacións que cada día presentan máis dificultades.

Unifoz, considera unha falta de respecto e consideración non contestar ao escrito presentado polos veciños, no que se presentaban centos de sinaturas en protesta por deficiencias no funcionamento da piscina.

Exit mobile version