Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz solicita a limpeza do depósito das inmediacións da estrada de Fazouro a Trasmonte

deposito-fozJaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez presenta un rogo á Corporación Municipal sobre un depósito construído nas inmediacións da estrada de Fazouro ata Trasmonte fai anos para coller auga en caso necesario por incendio forestal.

“Por non facer ningún tipo de mantemento nin limpeza nos últimos catro anos, está en totalmente cheo de fango, o que provoca que non se poda dispoñer de auga en caso de necesidade”, critican dende Unifoz.

Nese sentido, solicitan que “se proceda a limpeza urxente do depósito exposto, para poder dispor de auga acumulado en caso de necesidade, así como que se proceda á limpeza e mantemento de todos os depósitos construídos no municipio”.

Exit mobile version