Site icon Crónica3.com A Mariña

Vicepresidencia da Deputación colabora con 5.000 euros coa XXX Festa do Bonito de Burela

Burela, 1 de agosto de 2014. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da súa área de Turismo, colabora un ano máis coa festa do Bonito de Burela, que se leva celebrando xa desde fai tres décadas no Porto burelao. Para esta edición, que terá lugar este sábado, 2 de agosto, a institución provincial aporta 5.000 euros para unha feira que en palabras de Antonio Veiga “vén sendo dende hai moitos anos unha das citas gastronómicas máis importantes da Mariña, un evento totalmente consolidado no que se dan cabida numerosos veciños e veciñas de Burela e arredores, e que se ten convertido nun dos principais reclamos turísticos do verán mariñán”.

A diferenza das políticas que exerce o Partido Popular tanto desde o Estado como desde a Xunta de Galiza, que non fan senón desmantelar os sectores produtivos, como o da pesca, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo traballa a prol da dinamización dos sectores primarios das comarcas de Lugo así como na promoción dun dos sectores con máis futuro da Mariña e do resto da provincia: o turismo; e nesa liña están encamiñadas as colaboracións da institución provincial con este tipo de celebracións.

“Esta aposta da Deputación polo Bonito de Burela, non é un compromiso aislado, xa que estamos firmemente implicados coa promoción dos produtos autóctonos da provincia de Lugo, como outro dos produtos pesqueiros de referencia na comarca da Mariña, a merluza do pincho de Celeiro de Viveiro, cuxa exaltación se celebrou fai unhas semanas e que foi un éxito a nivel de público”, precisou Veiga.

Produart
Paralelamente, esta fin de semana – 1, 2 e 3 de agosto – celébrase de xeito simultáneo, e como vén sendo habitual desde hai 12 anos, a Feira de Produtos artesanais e ecolóxicos, organizada pola fundación Expomar, na que tamén está implicada a institución provincial, neste caso cunha colaboración de 4.000 euros.

“A celebración simultánea da Feira do Bonito de Burela, declarada de interese turístico galego, e Produart forma un tándem perfecto que fai de Burela unha das opcións máis atractivas para esta fin de semana do agosto”, concluíu o vicepresidente.

Exit mobile version