Site icon Crónica3.com A Mariña

Visita aos castros de Coaña, Pendia e Chao Samartín, da man de MariñaPatrimonio

cartaz grandasMariñaPatrimonio organiza para o sábado 30 de agosto unha viaxe ao parque histórico do Navia, que comprenderá visitas aos castros de Coaña (Coaña), Pendia (Boal) e Chao Samartín (Grandas de Salime). Para a viaxe poñerase a disposición dos participantes un bus, que os recollerá dende Viveiro até Ribadeo. Comezarán cunha visita guiada ao castro de Coaña e á súa Aula Didáctica. Posteriormente trasladaranse ao castro de Pendia, tras cuxa visita terá lugar o xantar en Pezós, no mesón As Cortes. Tralo xantar desprazaranse até Grandas de Salime, onde aproveitarán para coñecer o seu Museo Etnográfico e rematarán a xornada coa visita guiada ao Museo e mailo castro de Chao Samartín. A actividade ten un custe de 25 euros para socios/as, desempregados/as e nenos/as e 30 para non socios/as. As prazas son limitadas e para anotarse e obter máis información contactar a través do correo mr.patrimonio@gmail.com ou do tfn. 616815120 (Toño).

Exit mobile version