Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro recada fondos para a loita contra o cancro cunha marcha popular o 7 de agosto

Como cada mes de agosto, a xunta local de Viveiro da Asociación Española Contra o cancro -AECC- organiza o xoves día 7 a tradicional cuestación polas rúas do Concello de Viveiro e as súas principais parroquias.

Grazas ao apoio de numerosos voluntarios, as 7 mesas de cuestación instalaranse nos puntos habituais: Praza Maior, Praza da Fontenova, Orfeo, A Pescadería, Cantarrana, Covas e Celeiro nas que todas as persoas que queiran colaborar co seu donativo poderán facelo, durante toda a mañá, depositándoo en calquera dos 30 petos dispoñibles.

Como novidade este ano e por iniciativa e colaboración dun grupo de visitantes de Covas, a AECC de Viveiro organizou unha marcha popular en apoio da loita contra o cancro que partirá ás 10.00 da mañá da mesa de cuestación da Fonte, Covas, e discorrerá polo paseo marítimo, atravesando Viveiro, para finalizar o seu percorrido na mesa de cuestación de Celeiro.

A inscrición pola participación na marcha é de 5 euros polos que se lle entregará a cada participante unha camiseta conmemorativa. Aquelas persoas que desexen recoller a camiseta con anterioridade ó xoves poderán facelo nos seguintes establecementos:
– Deportes Don Balón (Praza Juan Donapetry)
– Óptica Rosario (Praza de Lugo)
– Librería Porta da Vila (Pastor Díaz)
– Librería Echezárraga (Covas)
– Lencería Encantos (Cantarrana)
A recadación irá destinada íntegramente á loita contra o cancro.

A AECC de Viveiro quere mostrar o seu agradecemento a todas as empresas
e colaboradores que co seu traballo e donativos fan posible a celebración destes actos de apoio e sensibilización cos enfermos de cancro: Gráficas Lar, Frutería Calpita, Alco, Galipizza & cía, Óscar Joyeros, Peixería Grallal, Pescadería A Chavinesa, Pinturas Romeo, Punto Galego, Madeiras Costiñas, Hidrofersa Fábrica de Chavín.

Exit mobile version