Site icon Crónica3.com A Mariña

Volei praia na Pasada o martes 19 de agosto

A praia da Pasada (Barreiros) acollerá o XI Torneo Internacional de volei praia o martes 19 de agosto a partir das 12.00 horas, aínda que “de chover torrencialmente o torneo adiarase para outra data desta semana.

Trala vitoria de Javier Reigosa e Roberto Casas a pasada semana en Foz, a tradicional parella dominadora afronta esta nova cita por separado “a fin de procurar novos retos”; aínda que a aplastante vitoria no torneo focego non deixou ningunha dúbida acerca da solidez desta parella de brillante pasado e ilusionante futuro.

A presenza de Rodrigo e Guillermo Avendaño, finalistas en Foz, e Agustín Rodríguez atópase en entredito. Así as cousas, as únicas parellas que parecen manterse firmes, a pesar dos discretos resultados, son as formadas por Juanjo e Luna Lacasta, e por Carlos Salvador-Carlos Pérez.

A organización convida a achegarse para gozar dunha agradable tarde de volei-praia do máis alto nivel culminada cunha fraternal churrascada coa presenza de todos e todas as participantes.

Calquera interesado en participar debe achegarse á praia da Pasada, o vindeiro martes 19 ás 12 do mediodía, para formalizar a inscrición. Para maior información a organización pon a disposición o número 675 407 810. Recoméndase levar bocadillo.

Exit mobile version