Site icon Crónica3.com A Mariña

Volei praia na Rapadoira

voleiFoz, 13 de agosto de 2014. A praia da Rapadoira, en Foz, acolleu este mércores un toneo de volei praia organizado pola área de Deportes da Deputación en colaboración co Club Voleibol Emevé. Dez parellas participaron nesta competición, que se disputou durante toda a tarde. As semifinais e a final xogouse ao mellor de tres sets, de 15 puntos cada un, resultando gañadora a parella Reigosa-Casas que se impuxo a Avendaño-Avendaño. Gumier-Barrena conquistaron a terceira posición por diante de De Pablo-De Pablo.

Un cento de persoas, de todas as idades, aprenderon a xogar ao volei praia dende comezos de mes nas dúas canchas instaladas no areal focense pola área de Deportes da Deputación, onde xogadoras e monitoras do Emevé ensinan a xogar ao volei praia a todas as persoas que se achegan por estas canchas. O volei praia, que ten calificación de deporte olímpico dende os últimos xogos de Pekín, gaña cada día máis adeptos e chega deste xeito ás praias da Mariña grazas á iniciativa da Vicepresidencia da Deputación.

A praia da Rapadoira acolle por terceiro ano esta actividade. As xogadoras e entrenadoras María Pena e Pino Chao son as encargadas de impartir as clases, que son totalmente gratuitas, na edición deste ano. As pistas están operativas todos os días, agás que faga mal tempo, en horario de mañán e de tarde (de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas).

Alternativa de ocio e fomento da práctica deportiva
Esta iniciativa forma parte do programa de actividades lúdicas de verán que se desenvolven en distintos puntos da provincia de Lugo organizadas pola Vicepresidencia da Deputación e nas que participan persoas de todas as idades de xeito totalmente gratuíto, co que se busca fomentar da práctica do deporte e do exercicio físico entre a poboación lucense.

Na súa visita esta tarde ás canchas ubicadas na Rapadoira, o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga apostou pola realización deste tipo de actividades na época estival “xa que supoñen unha alternativa de ocio e, ao mesmo tempo, introduce á cidadanía de xeito ameno na práctica deportiva para levar un estilo de vida saudábel”.

Ao mesmo tempo, esta iniciativa, realizada en colaboración co Clube Voleibol Emevé de Lugo busca “promocionar deportes minoritarios” como poden ser o voleibol e estender a súa práctica a lugares como a comarca da Mariña, onde non existe ningún clube ou equipo adicado a este deporte. “Noutras zonas da provincia, como Lugo ou Monforte existen clubes de voleibol importantes, pero na Mariña é un deporte bastante descoñecido”, afirmou Veiga.

Exit mobile version