Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada sobre aves do litoral con Gaia

gaia-avesOs nenos e nenas que participan nas actividades de verán da Aula Medioambiental Gaia, do Concello de Burela, percorreron a zona próxima á praia do Cantiño, polo sendeiro azul, e avistaron varias aves desde os miradores que hai nese lugar. Segundo sinalan as monitoras de Gaia “os rapaces observaron e contemplaron as aves de paso e colocaron casas nido. Ademais aproveitamos para explicarlles algunhas das característias máis comúns das aves do litoral atendendo ao seu tamaño, á forma do pico, das patas ou da cola, o comportamento e os sons que realizan”.

Exit mobile version