Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Xove 360º’ no Centro Cívico ata o 5 de setembro

A Sala de Exposicións Centro Cívico de Xove acolle a sétima edición da mostra que o Concello organiza cada ano xunto ao colectivo de Fotógrafos de Xove baixo a denominación Xove 360º.

Este luns 18 de agosto o alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola concelleira de cultura Dolores Meitín e polos fotógrafos presentes na mostra, inaugurou esta nova edición que inclúe o epígrafe “CREACIÓN”. A temática da exposición é de tema libre, polo que recolle unha gran variedade de obras: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc.

Foron 11 os fotógrafos participantes este ano -María del Mar Angulo, Javier Arca, Mateo Guerreiro, Andrés García, Pedro García, Rubén Pico, Pedro Vicente, Begoña Docobo, Iria García, Javier Villares e Luis Miguel Vivas-. Cada autor aportou 4 fotografías polo que a exposición está conformada, en total, por 44 fotografías enmarcadas en tamaño 50×40.

A convocatoria dirixírase a toda a xente de Xove en xeral, pero tamén se realizara unha campaña de participación dirixida aos estudiantes do IES Illa de Sarón de Xove.

A exposición abriuse ao público o pasado xoves 14 de agosto e permanecerá aberta ata o venres 5 de setembro de 11.00 a 13.30 horas pola mañá e de 18.00 a 22.00 horas pola tarde, tódolos días. A entrada á exposición realízase pola cafetería do Centro Cívico.

Exit mobile version